domingo, 30 de enero de 2011

A FESTA DA PAZ

Xa levabamos días esperando pola festa da Paz...
Xuntamonos na escola de primaria (algo que de por sí, nos pon nerviosos..),queremos pasalo moi ben!


Todos cantamos unha canción da paz que a profe Eugenia estivo a ensinarnos estos dias...

UNIMOS AS NOSAS MANS PARA FALAR DA PAZ (BIS)
TODAS ESTAS POMBIÑAS UNHA MENSAXE TRAEN (BIS)
CON AMOR E AMIZADE IMOLO LOGRAR

Agora toca plasmar a nosa "pisada pola paz"... todas as nosas mans de cores para pedir un mundo mais xusto

Logo de tanto traballo toca repoñer forzas, a comer!
..e que siga a festa...
...e os xogos ...
e o cariño!
Pero á nosa árbore da paz todavía lle quedaba algo..temos moreas de desexos que pedirlle
QUEDOU PRECIOSA!!

Para rematar, disfrutamos dunha función de monicreques que se chamaba "A pombiña Mari Paz"..Nos encantou!

miércoles, 19 de enero de 2011

COMEZAMOS TRIMESTRE!!!

Traemos as pilas ben cargadas e queremos mostrarvos algunhas das cousiñas que estamos a facer nestos días.
Os reis Magos tamen fixeron parada este ano na escola.. tivemos sorte, deixaronnos como agasallo unhas caixas con ferramentas que nos viran de marabilla para o noso novo recuncho de xogo: o Taller de Bricolaxe.





Temos unha gañas enormes de aprender a escribir... letras e números por todas partes chaman continuamente a nosa atención. O propio nome e o dos demais compañeiros serán o "motor de arranque" para iniciarnos na aprendizaxe da escritura. Velaquí estamos "escribindo"...




martes, 18 de enero de 2011

ASÍ FUNCIONAMOS...

Hai un tempo que iniciamos a nosa andaina nesta escola.. moitas cousas cambiaron xa dende aquela. Ó longo deste tempo, estivemos a traballar cómo organizarnos, descubrimos espacios, materiais, empezamos a traballar e xogar xuntos,  a facernos amigos...  Comezamos por organizarnos consensuando unhas normas para o grupo...botade unha ollada!  



Empezamos a  xogar por grupos, compartindo materiais e respetando as quendas...                                                                                                                                    



Cada día, escollemos un encargado que nos axuda nas tarefas; repartindo vasos, pasando lista, distribuindo o material...                                                                                     
                                                                            


..e por suposto, nos encanta ter todo colocado e ben limpiño!

VELAQUÍ ESTAMOS!!!

Por fín podemos presentar o noso blog!
Grazas a él, poderemos contarvos que facemos na escola e estaremos en contacto de xeito que éste sexa o noso "recanto" de traballo conxunto.
                                         Benvidos e benvidas!