miércoles, 30 de marzo de 2011

OLA PRIMAVERA!

XA ESTAMOS NA PRIMAVERA! tiñamos moitas gañas de este momento...e toca celebralo.
Para comezar, quixemos facer uns pequenos agasallos para os nosos "veciños" de 4 e 5 anos...saímos de visita!
A nosa clase merece algún cambio, a árbore da entrada ten que florecer...mans á obra!



PRECIOSO!!














Agora toca investigar....imos coñecer cousiñas sobre o arco da vella...cantas cores ten? cando se forma? pódese tocar? temos moitas preguntas...

iremos informándovos dos avances...

martes, 15 de marzo de 2011

IMOS DE PASEO

TOCA EXCURSIÓN!!!
Saír da escola e facer cousas diferentes nos gusta na mesma medida en que nos pon nerviosísimos.
Desta volta toca visitar unha exposición de grabados de Pablo Ruiz Picasso que se expón na Fundación  Caixa Galicia de Ferrol.
Velaquí nos tedes sentadiños no bus...a piques de chegar ó museo...



Unha vez no museo poidemos disfrutar dun montón de actividades interesantes que nos achegaron ó cubismo, á temática das obras, e mesmo á técnica do grabado...
Cun conto precioso viaxamos polo mundo da mitoloxía grega
...e con pezas xeométricas achegamonos ó cubismo...
Con selos, tinta e algo de imaxinación creamos persoaxes estampados en cartolina (unha técnica plástica que pode achegarse, en certa maneira, ó grabado)
Unha paradiña para comer algo e repoñer forzas...aproveitando que o tempo acompaña, tomamos a merenda fora a charlamos un anaco tranquiliños.

Unha vez descansados, imos ó parque un pouco...queremos correr, saltar....xogar!
 O autobús espera, comezamos a viaxe  de volta...deica pronto!

miércoles, 2 de marzo de 2011

MARCHEMOS DE APELÓN

Este é o título da nosa comparsa de Entroido. Procurade aprendela e acompañádenos no pasarruas, temos que cantar moi forte!..botade un ollo á letra, non ten desperdicio!

Chega o momento,
Caen as chapas
cun pouco vento
case nos voa
o patio cuberto.

Queremos irnos
a Catro Camiños
poi no Apelón
estamos sós
e temos frío.

E a tensión
a senten
os de Apelón
e a xente.
Imos todos a unha
todos ben decidiidos
Samininà sacaleua
Marchemos de Apelón.
Saminaminá eé waka waka eié
Saminaminá sacaleua
Marchemos de Apelón.
BIS

En Apelón
non temos sitio
se estamos todos
case non podemos recibiirvos.

Non hai biblioteca
nin hai conserxe
da ceca para meca
temos que andar
mais que nos peese.