lunes, 28 de febrero de 2011

QUE VEN O MECO DE ENTROIDO!

Hoxe tivemos unha visita moi ruidosa e con novas en Apelón.
Chegaron rúa abaixo os dous mecos do Entroido acompañados por compañeiros da escola de primaria.

Entre chiflos e pandeiros contáronnos que para ir "quentando motores" imos ter que atender a uns mandados...

Maña toca traer pixama ou bata ó cole... polo menos cómodo imos estar, desto non hai dúbida!
E ademais, imos ter ós mecos con nos estes días... fixémoslles un sitiño na entrada.

Para rematar, unha fotiña de grupo posando cos nosos novos amigos...

OS "XASTRES" DO ENTROIDO

GRACIAS!! Porque pedímosvos colaboración e , sen dúbida, a respondíchedes e... traballáchedes a reo.
Boa mostra delo son estas fotos...BRAVO POLO TRABALLO EN EQUIPO.






Como vedes, traballamos, conversamos e rimos un anaco...o xoves estreamos traxes de xoaniña e continuamos coa festa...vémonos!

jueves, 17 de febrero de 2011

OUTRO DÍA DE ESCOLA

De cando en vez, gostaríanos que vírades "coma por un furadiño na parede" o que estamos a facer un día normal na clase...
Hoxe, temos uns minutiños e podemos facelo...botade, logo unha ollada "ós visitantes espontáneos" que irrumpiron na conversa que temos cada mañá ó chegar;

Coma xa vos poderedes imaxinar, foi imposible obvialos e toda á asamblea xirou arredor deles...
Que sí é un boi, que si son dous touros...finalmente concluímos que eran dúas vacas. Estivemos navegando por internet e descubrimos certas diferencias entre eles.

Por outro lado, comezamos a traballar o Entroido. En pouco tempo estaremos totalmente sumerxidos nestas festas e temos moito traballo por diante.
Imos decorar o aula para a ocasión e no seu momento descubriremos o disfraz que empregaremos este curso...estade atentos, pedirémosvos colaboración para confeccionalos!
Polo de agora estamos a facer unhas máscaras que de seguro quedarán preciosas!


Coma xa sabedes, esta semana estamos a merendar as froitas do "Plan de consumo de froita na escola".O melón que tocou onte gustou bastante, pero os amorodos de hoxe foron un éxito rotundo..PUXÉMONOS AS BOTAS!


Logo de un pouco de xogos..a xornada remata . Estamos cansos. Esperamos que esta pequena "visita" vos gustase...Deica outra!


martes, 15 de febrero de 2011

IMOS CONTAR UN CONTO

Esta mañá recibimos a visita de Patricia e Alex, uns contacontos que nos divertiron con historias fantásticas.
Combinaron martabillosamente música con aventuras, unha fórmula que, con nós, funciona sempre.



miércoles, 2 de febrero de 2011

2011: ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Comezamos ano novo. Por iso estamos aproveitando para coñecer un pouco mais sobre eles; que podemos atopar, quénes viven nel e cómo...
Botádelle unha ollada a estas tarxetas...podedes aportarlles mais información ós vosos fillos ou compartir algún recurso con nós (un libro onde apareza algun destes animais, algún recorte que atopedes con outros elementos do bosque...)
Podedes empregar a lupa para detervos nos detalles!


INICIAMOS PROXECTO NOVO!

Nestes días estamos iniciando un novo proxecto. Con él, queremos abordar dende a arquitectura da nosa realidade mais próxima ata os castelos e casiñas mais fantasiosas dos contos (aprendendo a discernir o real do imaxinario).
Ó mesmo tempo, repararemos en outros aspectos coma as normas de seguridade mais elementais na casa e a relación que cada vivenda posúe co medio e as necesidades das persoas que a ocupan.
Por certo! estade atentos, os vosos/as pequenos/as levarán recadiños, tarefas que deben facer con vós (cousas moi sinxeliñas que unicamente teñen coma obxectivo que lembren cometidos e se responsabilicen deles). Preguntádelles de cando en vez si teñen "algo que facer para o cole".