jueves, 13 de octubre de 2011

QUE SAE HOXE NA PRENSA?

Este ano estamos a tomar novas costumes. Iso de botarlle un ollo ó xornal á primeira  hora cos compañeiros/as está moi ben...ás veces simplemente porque nos divirte algún anuncio ou atopamos letras que xa nos son moi familiares...outras porque a fotografía dalgunha noticia en concreto nos invita a que sexa lida e "investigada".


Moitas veces as noticias suceden en lugares que non sabemos ubicar. Non hai problema: o mapa mundi e o globo terraqueo soen sacarnos de dúbidas.

Algúns nenos e nenas estanvos a pedir na casa que nos traiades  xornais ou recortes de noticia que, logo de mirar xuntos na casa, vos gustasen ou chamasen a atención por algo. Seguide con esa costume. Encantanos escoitar como o compañeiro/a explica esa noticia... facémoslle preguntas sobre ela, comentámola e resolvemos dúbidas buscando, por exemplo, en internet ou noutros xornais... ás veces, ata o comentamos no patio e mantemos conversas moi "curiosas".

POR CERTO...esta semana comezamos un proxecto: "O MEU CORPO: UNHA MÁQUINA PERFECTA"... si tendes na casa algun conto, peli, xogo de pc, desmontable...que poida aportarnos información para o noso traballo, prometemos, como sempre, tratalo con agarimo e, devolvelo en perfecto estado.
Grazas!

martes, 4 de octubre de 2011

ESTA SEMANA....

O Venres 23 de Setembro démoslle oficialmente á benvida ó Outono.
Por isto, moitas das cousiñas que estivemos a facer teñen que ver coa nova estación.

Con este conto que nos prestou Douradiña, descubrimos moitas cousiñas interesantes; o nome dalgúns froitos de outono, os diferentes brotes dalgunhas polas, as diferencias entre follas, arbores caducas ou perennes....
Estamos na procura de libros ou material semellante que nos amplie esta ou outra información sobre o outono. Si tendes na casa algun conto, peli, ...que nos poida aportar algo non dubidedes en achegalo; prometemos ser moi coidadosos e devolvelo en perfecto estado.


Botamos unha ollada a follas e froitos propias desta época; olores, cores e formas moi diversas...nestos días comezaremos a  clasificar e aprender o nome da árbore á que pertence cada folla e cada froito..

Temos castañas ben fermosas, noces e uvas... éstas últimas xa nos valeron de merenda un par de veces este curso e ¡estan deliciosas!









Seguiremos a informarvos destas e outras cousiñas nuns días ... Deica logo, familias!