martes, 11 de junio de 2013

SON ESPACIAIS MOI ESPECIAIS

XA FAI UN TEMPIÑO QUE QUEGOU ÁS NOSAS MANS UN
PROGRAMA DE RADIO FEITO POR CAROLINA E A SÚA FAMILIA.
COMO NESTA VIAXE ESPACIAL PÓDENSE EXPERIMENTAR SONS ÚNICOS, COMPARTIMOS ESTA GRABACIÓN CON VOS...
DE SEGURO QUE A IDES DISFRUTAR MOITO!

video

domingo, 9 de junio de 2013

SAIDA A ALVARELLA

CHEGOU O DIA DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.
ESTE ANO FOMOS A ALVARELLA.
ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS (  MAIS QUE POR OUTRA COUSA, O DE XANTAR FORA NOS PON DOS NERVIOS!)
MIRADE CON QUE CARA IAMOS NO AUTOBUS DE CAMIÑO A ANDRADE...




 Ó CHEGAR, UNHA BREVE PRESENTACIÓN E A COMEZAR SIN MAIS A ACTIVIDADE...SON VARIOS OS OBRADOIROS ÓS QUE QUEREMOS ASISTIR E O TEMPO APREMIA!!


PRIMEIRO IMOS ESTAMPAR FOLLAS NUNHA CAMISETA...ANTES DEBEMOS APRENDER CON JUANJO ALGUNHAS COUSAS SOBRE AS ÁRBORES QUE TEÑEN EN ALVARELLA; NOME, CARACTERISTICAS....E A RECOLLER AS QUE MAIS NOS GUSTEN!


 LOGO, UN DESCANSIÑO; A FACER PIS , BEBER AUGA...



MENTRES AS CAMISETAS SECAN, IMOS DESFRUTAR DO SEGUINTE OBRADOIRO; A ELABORACIÓN DUN SAQUIÑO DE HERBAS AROMÁTICAS.
PARA ELO, IRENE NOS ENSINA DIFERENTES HERBAS QUE CULTIVAN, E TAMEN NOS DEIXA CURIOSEAR NO INVERNADOIRO AS COUSAS QUE PRANTAN E LOGO SERVEN NO COMEDOR.






COMO SOMOS MOI APLICADOS...TIVEMOS TEMPO PARA DESFRUTAR UN ANAQUIÑO NO PARQUE...QUE POR CERTO, ERA UNHA CHULADA!


AGORA, O QUE LEVAMOS ESPERANDO TODA A MAÑÁ .... A COMER!!!

PARA REMATAR A XORNADA, UN MOMENTO DE XOGO FORA...PASÁMOLO MOI BEN CO PARACAÍDAS, DISFRUTÁMOLO DE VERDADE!!! (AINDA QUE NON TEMOS FOTO DESE MOMENTO...).


DENDE LOGO, ESTA SAÍDA FOI INCRIBLE; BON TEMPO, BOAS ACTIVIDADES E POR RIBA...BOA COMPAÑÍA!!!!


domingo, 26 de mayo de 2013

VISITA Ó COLE DE CATRO CAMIÑOS

ACHÉGASE O FINAL DE CURSO E CON EL, O CAMBIO; DE CICLO, DE AULA, DE EDIFICIO, DE PROFE....TODO NOVO, POR FIN O CAMBIO!!!
ESTAMOS MOI ILUSIONADOS; A INCERTIDUME DO PRINCIPIO DE CURSO POUCO A POUCO FOI TORNANDO ILUSIÓN, EMOCIÓN...CASE UNHA NECESIDADE!
SEN EMBARGO, SON MOITAS AS DÚBIDAS QUE TEMOS.

ESTA SEMANA CHEGOU UNHA CARTA Ó NOSO BUZON (QUE LEDICIA!  FACÍA TEMPO QUE NON RECIBIAMOS NADA...)







NELA, OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO, ANTIGOS COMPAÑEIROS DE APELÓN, QUERIAN  CONVIDARNOS Á SÚA  CLASE.
PARA NS FOI UNHA OPORTUNIDADE ESTUPENDA DE RESOLVER ESAS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS.
EN MARCHA!


UNHA VEZ EN CATRO CAMIÑOS, ESPERAMOS UN ANAQUIÑO PARA PODER ENTRAR EN CLASE DOS ALUMNOS DE PRIMEIRO...NOS TAMEN LEVABAMOS UNHA SORPRESIÑA; A PROFE ELVIRA ACOMPAÑOUNOS PARA SAUDAR OS SEUS ANTIGOS ALUMNOS/AS...¡QUE ALEGRÍA VAN LEVAR!



ESPERANDO TRANQUILIÑOS A PODER ENTRAR NA CLASE DE PRIMEIRO...



ENTRANDO XA NA CLASE DE PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA 
 
 



DECIDIMOS FACER UNHA ENTREVISTA; CON ELA PODERIAMOS FORMULAR TODALAS PREGUNTAS QUE SE NOS OCORRIAN E ATOPAR AS RESPOSTAS QUE BUSCABAMOS.
ORGANIZAMOS UNHA BATERIA DE CUESTIÓNS, ENTRE OUTRAS, ALGUNHAS FORON;
  • ¿HAI DEBERES DIFÍCILES?
  • ¿COMO SON OS CASTIGOS?
  • ¿CAL VAI SER A NOSA PROFE?
  • ¿TRABALLADES POR PROXECTOS?
  • ¿VADES PARA A CASA SOÍÑOS?
  • ¿HAI RECUNCHOS?
  • ¿CALES SON AS NORMAS DA CLASE?
DESTE XEITO,CADA "ENTREVISTADOR" LEVOU A SÚA PREGUNTA PARA FACERLLA Ó "ENTREVISTADO" QUE  DEBÍA ESCOLLER.

DIFERENTES MOMENTOS DA ENTREVISTA...




ANA MOSTROUNOS DIFERENTES MATERIAIS...AQUI CUN DOS CADERNOS DE TRABALLO QUE EMPREGAN


BRIAN, UN DOS NENOS DE PRIMEIRO, LENDO AS NORMAS DE AULA...SEMELLANTES ÁS NOSAS

LOGO DA ENTREVISTA, CONCLUÍMOS QUE HAI MOITAS SIMILITUDES CON APELÓN (ALGO QUE NOS TRANQUILIZA MOITO...).

HOUBO TEMPO TAMÉN PARA PASEAR POR DIFERENTES RECUNCHOS DE CATRO CAMIÑOS QUE NON COÑECIAMOS.
TENDO EN CONTA QUE ESTAMOS ACOSTUMADOS A VER CATRO CAMIÑOS EN CLAVE DE FESTA, O FEITO DE VISITALO NUNHA XORNADA ESCOLAR CALQUERA PERMITÍUNOS COÑECELO DENDE UN PUNTO DE VISTA BEN DISTINTO.
MOITOS DOS LUGARES QUE VISITAMOS TAMPOUCO SON OS QUE SOEMOS VER CANDO VIMOS A CATRO CAMIÑOS; AULA DE INGLÉS, SALA DE MÚSICA, BIBLIOTECA...ATA O DESPACHO DO DIRECTOR!


PARA SAIR, EMPARELLÁMONOS COS NENOS/AS DE PRIMEIRO QUE FIXERON ESTUPENDAMENTE DE ANFITRIÓNS POLO SEU CENTRO
AULA DE INGLÉS

SALA DE MÚSICA

NO DESPACHO DO DIRECTOR, TONECHO
 

NA BIBLIOTECA EXPLICÁRONNOS O FUNCIONAMENTO DA MESMA

 
 
PARA REMATAR A NOSA VISITA, DISFRUTAMOS DE XOGOS E ACTIVIDADES XUNTOS NO PATIO EXTERIOR DO CENTRO....
MOMENTOS DE XOGOS XUNTOS NA PISTA

 
 
 
FINALMENTE, DESPEDÍMONOS. DENDE LOGO ESTA XORNADA AXUDOUNOS A DISIPAR MOITAS DAS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS, E, Ó MESMO TEMPO, PERMITÍUNOS ESTREITAR UNS LAZOS QUE CON TODA SEGURIDADE SEGUIRÁN AFIANZANDOSE NOS VINDEIROS CURSOS.
 
DEICA OUTRA!

VOLTANDO A APELÓN
 


domingo, 19 de mayo de 2013

TEATRO EN CATRO CAMIÑOS

ESTE MARTES 14 DE MAIO TIÑAMOS UNHA CITA EN CATRO CAMIÑOS.
DESTA VOLTA, TOCABA DISFRUTAR DUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL A CARGO DOS NOSOS COMPAÑEIROS E VECIÑOS DO COLEXIO DE FRANZA.
TAL ACTIVIDADE  FORMA PARTE DA CELEBRACION DAS LETRAS GALEGAS  QUE ESTE ANO ESTAN ADICADAS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO  QUE ADICOU PARTE DO SEU EXTENSO TRABALLO Ó XÉNERO TEATRAL.

INICIAMOS O CAMIÑO...

AINDA QUE FRESCA , A MAÑÁ ACOMPAÑOU E  DESFRUTAMOS DUN PASEIÑO BEN APETECIBLE ATA CATRO CAMIÑOS.
Ó CHEGAR, TODO ESTABA PREPARADO E ACOMODÁMONOS BEN PARA DISFRUTAR DA OBRA..
UN MOMENTO BEN DIVERTIDO....A VERDADE É QUE OS RAPACES E RAPAZAS DE CUARTO DE PRIMARIA DE FRANZA SON UNS ACTORES ESTUPENDOS!!


ESTIVEMOS MOI ATENTOS TODO O TEMPO...A OBRA ESTABA XENIAL!
 DESPOIS DE DISFRUTAR DA OBRA QUE ESTIVO MOI MOI BEN (TEMOS QUE FELICITAR  A TODOS OS NENOS E NENAS E TAMEN OS MESTRES) SAIMOS A ESTREAR O PATIO DE CATRO CAMIÑOS, QUE SI BEN AINDA NON ESTÁ REMATADO, A NÓS VALEUNOS PARA PASALO EN GRANDE DURANTE UN ANACO!!
HOUBO TEMPO PARA O DESCANSO E OS MIMIÑOS...

...PARA "COTILLEAR" ÓS MAIORES...

...E PARA CORRER, SALTAR, BERRAR....

XOGARRR!!!
EN DEFINITIVA, UNHA BOA XORNADA GRACIAS O COLE DE FRANZA... SINCEIRAMENTE,  GRACIAS!

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA EN MUGARDOS

COMO SABEDES, O SÁBADO 20 DE ABRIL A AMPA DO COLE ORGANIZOU UNHA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA EN MUGARDOS.
OS QUE SE ACHEGARON ALÍ, POIDERON ATOPARON UNHA NOITE QUE , AINDA QUE MOI FRIA, BRINDOUNOS A POSIBILIDADE DE OLLAR IMAXES  DO UNIVERSO PRECIOSAS.
UNS APARATOS DO MAIS IMPRESIONANTES (POR TAMAÑO E SOFISTICACIÓN) DEIXARONNOS VER CON GRAN NITIDEZ A LÚA, SATURNO...E OS RAPACES  QUE ALI ESTABAN EXPLICÁRONNOS AMABLEMENTE UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE CERTAS CONSTELACIÓNS...


  video

A CONTINUACIÓN TENDES ALGUNHAS IMAXES DO UNIVERSO DAS QUE DA GUSTO OLLAR CON CALMIÑA..


T




POR OUTRO LADO, ESTE MES DE MAIO ESTÁN A DARSE MOITOS ACONTECEMENTOS INTERESANTES NO ESPACIO (ALGÚNS VISIBLES E OUTROS NON TANTO DENDE AQUI) ... ACHÉGOVOS AS DATAS E A TODOS AQUELES QUE O INTENTEDES...FELIZ OBSERVACIÓN!

DÍA 18 : ÁS  04:35 HORAS A LÚA ENTRA EN CUARTO CRECENTE.

DIA 23: O PLANETA SATURNO ATÓPASE ESTE DÍA MOI PRÓXIMO Á LÚA.

DÍA 25: NESTA XORNADA TEREMOS UN ECLIPSE PENUMBRAL DE LÚA, VIISIBLE DENDE GALICIA. COMEZARÁ ÁS 03:57 HORAS, CUN MÁXIMO ÁS 04:10, REMATANDO CONTRA AS 04:24 DA MADRUGADA.

DÍA 27: OS PLANETAS MERCURIO E XÚPITER ESTARÁN  MOI PRÓXIMOS NESTA XORNADA DE FINAIS DE MES.

DÍA 28: VENUS E XÚPITER TAMÉN ESTARÁN MOI PRETO ESTE DÍA.

DÍA 29: TAL DÍA COMO ESTE DO ANO1919, DURANTE UNHA ECLIPSE TOTAL DE SOL, SIR ARTHUR EDDINGTON CONFIRMA A CURVATURA DA LUZ PREVISTA NA TEORÍA XERAL DA RELATIVIDADE.

DÍA 31: ÁS 21:01 HORAS A LÚA ENTRA EN FASE DE CUARTE MINGUANTE.