domingo, 26 de mayo de 2013

VISITA Ó COLE DE CATRO CAMIÑOS

ACHÉGASE O FINAL DE CURSO E CON EL, O CAMBIO; DE CICLO, DE AULA, DE EDIFICIO, DE PROFE....TODO NOVO, POR FIN O CAMBIO!!!
ESTAMOS MOI ILUSIONADOS; A INCERTIDUME DO PRINCIPIO DE CURSO POUCO A POUCO FOI TORNANDO ILUSIÓN, EMOCIÓN...CASE UNHA NECESIDADE!
SEN EMBARGO, SON MOITAS AS DÚBIDAS QUE TEMOS.

ESTA SEMANA CHEGOU UNHA CARTA Ó NOSO BUZON (QUE LEDICIA!  FACÍA TEMPO QUE NON RECIBIAMOS NADA...)







NELA, OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO, ANTIGOS COMPAÑEIROS DE APELÓN, QUERIAN  CONVIDARNOS Á SÚA  CLASE.
PARA NS FOI UNHA OPORTUNIDADE ESTUPENDA DE RESOLVER ESAS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS.
EN MARCHA!


UNHA VEZ EN CATRO CAMIÑOS, ESPERAMOS UN ANAQUIÑO PARA PODER ENTRAR EN CLASE DOS ALUMNOS DE PRIMEIRO...NOS TAMEN LEVABAMOS UNHA SORPRESIÑA; A PROFE ELVIRA ACOMPAÑOUNOS PARA SAUDAR OS SEUS ANTIGOS ALUMNOS/AS...¡QUE ALEGRÍA VAN LEVAR!



ESPERANDO TRANQUILIÑOS A PODER ENTRAR NA CLASE DE PRIMEIRO...



ENTRANDO XA NA CLASE DE PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA 
 
 



DECIDIMOS FACER UNHA ENTREVISTA; CON ELA PODERIAMOS FORMULAR TODALAS PREGUNTAS QUE SE NOS OCORRIAN E ATOPAR AS RESPOSTAS QUE BUSCABAMOS.
ORGANIZAMOS UNHA BATERIA DE CUESTIÓNS, ENTRE OUTRAS, ALGUNHAS FORON;
  • ¿HAI DEBERES DIFÍCILES?
  • ¿COMO SON OS CASTIGOS?
  • ¿CAL VAI SER A NOSA PROFE?
  • ¿TRABALLADES POR PROXECTOS?
  • ¿VADES PARA A CASA SOÍÑOS?
  • ¿HAI RECUNCHOS?
  • ¿CALES SON AS NORMAS DA CLASE?
DESTE XEITO,CADA "ENTREVISTADOR" LEVOU A SÚA PREGUNTA PARA FACERLLA Ó "ENTREVISTADO" QUE  DEBÍA ESCOLLER.

DIFERENTES MOMENTOS DA ENTREVISTA...




ANA MOSTROUNOS DIFERENTES MATERIAIS...AQUI CUN DOS CADERNOS DE TRABALLO QUE EMPREGAN


BRIAN, UN DOS NENOS DE PRIMEIRO, LENDO AS NORMAS DE AULA...SEMELLANTES ÁS NOSAS

LOGO DA ENTREVISTA, CONCLUÍMOS QUE HAI MOITAS SIMILITUDES CON APELÓN (ALGO QUE NOS TRANQUILIZA MOITO...).

HOUBO TEMPO TAMÉN PARA PASEAR POR DIFERENTES RECUNCHOS DE CATRO CAMIÑOS QUE NON COÑECIAMOS.
TENDO EN CONTA QUE ESTAMOS ACOSTUMADOS A VER CATRO CAMIÑOS EN CLAVE DE FESTA, O FEITO DE VISITALO NUNHA XORNADA ESCOLAR CALQUERA PERMITÍUNOS COÑECELO DENDE UN PUNTO DE VISTA BEN DISTINTO.
MOITOS DOS LUGARES QUE VISITAMOS TAMPOUCO SON OS QUE SOEMOS VER CANDO VIMOS A CATRO CAMIÑOS; AULA DE INGLÉS, SALA DE MÚSICA, BIBLIOTECA...ATA O DESPACHO DO DIRECTOR!


PARA SAIR, EMPARELLÁMONOS COS NENOS/AS DE PRIMEIRO QUE FIXERON ESTUPENDAMENTE DE ANFITRIÓNS POLO SEU CENTRO
AULA DE INGLÉS

SALA DE MÚSICA

NO DESPACHO DO DIRECTOR, TONECHO
 

NA BIBLIOTECA EXPLICÁRONNOS O FUNCIONAMENTO DA MESMA

 
 
PARA REMATAR A NOSA VISITA, DISFRUTAMOS DE XOGOS E ACTIVIDADES XUNTOS NO PATIO EXTERIOR DO CENTRO....
MOMENTOS DE XOGOS XUNTOS NA PISTA

 
 
 
FINALMENTE, DESPEDÍMONOS. DENDE LOGO ESTA XORNADA AXUDOUNOS A DISIPAR MOITAS DAS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS, E, Ó MESMO TEMPO, PERMITÍUNOS ESTREITAR UNS LAZOS QUE CON TODA SEGURIDADE SEGUIRÁN AFIANZANDOSE NOS VINDEIROS CURSOS.
 
DEICA OUTRA!

VOLTANDO A APELÓN
 


domingo, 19 de mayo de 2013

TEATRO EN CATRO CAMIÑOS

ESTE MARTES 14 DE MAIO TIÑAMOS UNHA CITA EN CATRO CAMIÑOS.
DESTA VOLTA, TOCABA DISFRUTAR DUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL A CARGO DOS NOSOS COMPAÑEIROS E VECIÑOS DO COLEXIO DE FRANZA.
TAL ACTIVIDADE  FORMA PARTE DA CELEBRACION DAS LETRAS GALEGAS  QUE ESTE ANO ESTAN ADICADAS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO  QUE ADICOU PARTE DO SEU EXTENSO TRABALLO Ó XÉNERO TEATRAL.

INICIAMOS O CAMIÑO...

AINDA QUE FRESCA , A MAÑÁ ACOMPAÑOU E  DESFRUTAMOS DUN PASEIÑO BEN APETECIBLE ATA CATRO CAMIÑOS.
Ó CHEGAR, TODO ESTABA PREPARADO E ACOMODÁMONOS BEN PARA DISFRUTAR DA OBRA..
UN MOMENTO BEN DIVERTIDO....A VERDADE É QUE OS RAPACES E RAPAZAS DE CUARTO DE PRIMARIA DE FRANZA SON UNS ACTORES ESTUPENDOS!!


ESTIVEMOS MOI ATENTOS TODO O TEMPO...A OBRA ESTABA XENIAL!
 DESPOIS DE DISFRUTAR DA OBRA QUE ESTIVO MOI MOI BEN (TEMOS QUE FELICITAR  A TODOS OS NENOS E NENAS E TAMEN OS MESTRES) SAIMOS A ESTREAR O PATIO DE CATRO CAMIÑOS, QUE SI BEN AINDA NON ESTÁ REMATADO, A NÓS VALEUNOS PARA PASALO EN GRANDE DURANTE UN ANACO!!
HOUBO TEMPO PARA O DESCANSO E OS MIMIÑOS...

...PARA "COTILLEAR" ÓS MAIORES...

...E PARA CORRER, SALTAR, BERRAR....

XOGARRR!!!
EN DEFINITIVA, UNHA BOA XORNADA GRACIAS O COLE DE FRANZA... SINCEIRAMENTE,  GRACIAS!

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA EN MUGARDOS

COMO SABEDES, O SÁBADO 20 DE ABRIL A AMPA DO COLE ORGANIZOU UNHA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA EN MUGARDOS.
OS QUE SE ACHEGARON ALÍ, POIDERON ATOPARON UNHA NOITE QUE , AINDA QUE MOI FRIA, BRINDOUNOS A POSIBILIDADE DE OLLAR IMAXES  DO UNIVERSO PRECIOSAS.
UNS APARATOS DO MAIS IMPRESIONANTES (POR TAMAÑO E SOFISTICACIÓN) DEIXARONNOS VER CON GRAN NITIDEZ A LÚA, SATURNO...E OS RAPACES  QUE ALI ESTABAN EXPLICÁRONNOS AMABLEMENTE UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE CERTAS CONSTELACIÓNS...


  video

A CONTINUACIÓN TENDES ALGUNHAS IMAXES DO UNIVERSO DAS QUE DA GUSTO OLLAR CON CALMIÑA..


T




POR OUTRO LADO, ESTE MES DE MAIO ESTÁN A DARSE MOITOS ACONTECEMENTOS INTERESANTES NO ESPACIO (ALGÚNS VISIBLES E OUTROS NON TANTO DENDE AQUI) ... ACHÉGOVOS AS DATAS E A TODOS AQUELES QUE O INTENTEDES...FELIZ OBSERVACIÓN!

DÍA 18 : ÁS  04:35 HORAS A LÚA ENTRA EN CUARTO CRECENTE.

DIA 23: O PLANETA SATURNO ATÓPASE ESTE DÍA MOI PRÓXIMO Á LÚA.

DÍA 25: NESTA XORNADA TEREMOS UN ECLIPSE PENUMBRAL DE LÚA, VIISIBLE DENDE GALICIA. COMEZARÁ ÁS 03:57 HORAS, CUN MÁXIMO ÁS 04:10, REMATANDO CONTRA AS 04:24 DA MADRUGADA.

DÍA 27: OS PLANETAS MERCURIO E XÚPITER ESTARÁN  MOI PRÓXIMOS NESTA XORNADA DE FINAIS DE MES.

DÍA 28: VENUS E XÚPITER TAMÉN ESTARÁN MOI PRETO ESTE DÍA.

DÍA 29: TAL DÍA COMO ESTE DO ANO1919, DURANTE UNHA ECLIPSE TOTAL DE SOL, SIR ARTHUR EDDINGTON CONFIRMA A CURVATURA DA LUZ PREVISTA NA TEORÍA XERAL DA RELATIVIDADE.

DÍA 31: ÁS 21:01 HORAS A LÚA ENTRA EN FASE DE CUARTE MINGUANTE.



jueves, 9 de mayo de 2013

SAIDA Ó PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL DE BARALLOBRE

O 23 DE ABRIL FXEMOS A SAÍDA Ó PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL QUE HAI EN BARALLOBRE.
PARA ELO, DIVIDÍMONOS EN DOUS GRUPOS; NAMENTRAS UNS IAN Ó PARQUE, OUTROS DIVERTÍAMONOS EN APELÓN CON XOGOS DE EDUCACIÓN VIAL..

VELAQUÍ TENDES UN CIRCUÍTO MONTADO NO PATIO...QUE VAIA COMO ENSAIO
LOGO DA EXPLICACIÓN DE CERTAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E CONDUCCIÓN...
...A POÑELAS EN PRÁCTICA!!


E, DESPOIS DA MERENDA, XA ESTAMOS LISTOS PARA COLLER O AUTOBÚS A BARALLOBRE.
UNHA VEZ ALÍ, EXPLICÁRONNOS A IMPORTACIA DA SEGURIDADE E QUE POR ISO DEBEMOS IR SEMPRE PROTEXIDOS (CASCO, CHALEQUE, CINTO...) E CUMPRIR ESCRUPULOSAMENTE AS NORMAS.
POR ISO...O PRIMEIRO; EQUIPARSE!



GUAPISIMOS CON CHALEQUE E CASCOS...

 AGORA ESCOITAMOS CON ATENCIÓN AS INDICACIÓNS DE YOLI E OS AXENTES DE PROTECCIÓN CIVIL, QUENES NOS ACOMPAÑAN DURANTE AS ACTIVIDADES.

CRUZANDO POLO PASO DE PEÓNS

 E A ESCOLLER VEHÍCULO...

HABÍA DE TODO....PATINETES, CARS, BICICLETAS...




 E PASOU DE TODO TAMEN...
ATASCOS

SEMÁFOROS "IGNORADOS"

¿?

E ATA "COLISIÓNS"...DE POUCA IMPORTACIA, ESO SÍ!

  PARA REMATAR, EXPLICÁRONNOS ALGUNHAS COUSIÑAS E PUXÉRONNOS UNHA PELI DE DEBUXOS SOBRE O TEMA.


ALGÚNS ATOPARON A OCASIÓN PERFECTA PARA DESCANSAR..EJEM!

 E A FACER O EXAME...SERÁN BÓS USUARIOS DAS VÍAS PÚBLICAS? SEGURO QUE SÍ!

EN CALQUERA CASO, PASÁMOLO MOI BEN ... FOI UNHA BOA EXPERIENCIA!