domingo, 27 de marzo de 2016

ENTROIDO 2015/2016

Durante o tempo de Entroido foron moitas as actividades que fixemos na escola.
Para comezar, a visita do Meco traendo os mandados que nestos dias temos que ir cumplindo;



E velaquí tendes o resultado do aspecto que fomos collendo logo dos mandados que cada día nos ía deixando o Meco...guapos eh?





O día da festa achegase, e para o desfile imos ir de romanos. Precisamos adicarlle tempo o noso disfraz poñendo os ultimos retoques...


Toda festa que se precie ten que ter un momento de merendola...doces de entroido!! nos encantan...uummm!!




Chegou a hora, xa collimos forzas e estamos preparados para desfilar polas ruas de Mugardos...


e como temos a sorte de que as nosas mamas apuntanse a todo...mirade que grupiño tan grandote temos de romanos e romanas....ala imoooosss!!!!


Comeza o desfile... o tempo acompaña!


Logo dunha boa camiñata, remata a xornada. Estamos cansos, o día foi longo. Pasamolo ben e desfrutamos dun bo anaco xuntos. Moitas gracias a todas e todos aqueles que decidichedes participar confeccionando disfraces, acompañandonos na merenda ou desfile...foi un gusto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario