domingo, 5 de junio de 2016

"EXPERIMENTO FLORAL"

A cuestión é que a cor das flores tennos moi ocupados...
certo é que pasamos tempo investigando  ( como xa sabedes) asuntos como si existen flores de cor negro, por exemplo. Pois agora o feito de saber que hai flores que se tinguen daba lugar a mil hipoteses diferentes sobre cales serían os métodos para facelo.
Nos imos tentar tinguir os caraveis que nos regalaron na floristería.
Para elo empregamos;
  1. colorantes alimentarios (azul, vermello e amarelo)
  2. auga
  3. vasos transparentes
  4. caraveis brancos
  5. folla de rexistro



Comezamos facendo as cores diluíndo en auga os colorantes que queremos. Aproveitamos para lembrar as cores primarias que precisamos para obter outras.




azul e amarelo....verde!!






Finalmente, houbo tempo tamén para probar técnicas suxeridas polos nen@s; Lucas pensou que se poden tinguir mollando a flor directamente na auga coloreada, e Candela propuxo pintar con témpera e pincel os pétalos. 








Imos ver que vai pasando. Nos iremos plasmando hipóteses e resultados na folla de rexistro. Logo , contarémosvos como saíron os experimentos. Agora, toca esperar! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario