martes, 29 de marzo de 2016



QUE TAL NO COLE?

NALGUNHA OCASION TENDES COMENTADO QUE VOS COSTA MOITO QUE OS VOSOS PEQUENOS VOS CONTEN QUE TAL O PASARON NO COLE, QUE FIXERON...
NESTA PEQUENA ILUSTRACION REFLÉXANSE DEZ PREGUNTAS QUE, DALGUN XEITO, VOS PODEN AXUDAR A QUE VOS CONTEN ALGO MAIS, E QUE POIDADES MANTER UNHA CONVERSA MAIS EXTENSA NA QUE TEÑAN A OPORTUNIDADE DE EXPLICARSE SEN SENTIRSE INTERROGADOS.
ESPERO QUE VOS SEXA UTIL!



domingo, 27 de marzo de 2016

ENTROIDO 2015/2016

Durante o tempo de Entroido foron moitas as actividades que fixemos na escola.
Para comezar, a visita do Meco traendo os mandados que nestos dias temos que ir cumplindo;



E velaquí tendes o resultado do aspecto que fomos collendo logo dos mandados que cada día nos ía deixando o Meco...guapos eh?





O día da festa achegase, e para o desfile imos ir de romanos. Precisamos adicarlle tempo o noso disfraz poñendo os ultimos retoques...


Toda festa que se precie ten que ter un momento de merendola...doces de entroido!! nos encantan...uummm!!




Chegou a hora, xa collimos forzas e estamos preparados para desfilar polas ruas de Mugardos...


e como temos a sorte de que as nosas mamas apuntanse a todo...mirade que grupiño tan grandote temos de romanos e romanas....ala imoooosss!!!!


Comeza o desfile... o tempo acompaña!


Logo dunha boa camiñata, remata a xornada. Estamos cansos, o día foi longo. Pasamolo ben e desfrutamos dun bo anaco xuntos. Moitas gracias a todas e todos aqueles que decidichedes participar confeccionando disfraces, acompañandonos na merenda ou desfile...foi un gusto!


DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Como sabedes o 24 de febreiro conmemorase o dia de Rosalia de Castro. Por iso, na escola estivemos coñecendo quen era Rosalia e fixemos algunhas actividades para celebralo como se merece.
Logo de ver algun video sobre a vida e obra desta destacable poetisa da nosa cultura, aprendemos un fragmento dun dos seus poemas, fixemos unha postal para facela chegar as nosas casas e ata aprendemos unha coreografia todos os nenos do cole...
Botade unha ollada as imaxenes dalguns destos momentos...











ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

XA TEMOS A AARON UN ANIÑO MAIS MAIOR...ESTÁ FEITO UN MOZO!!

PARABENS GUAPISIMO!!

ANIVERSARIOS DE MARZO

ESTA VEZ A NOSA DANIELA ESTA DE CELEBRACIÓN...5 ANOS XA!! NORABOA GUAPA!