domingo, 26 de marzo de 2017

VISITA DE SOFIA ESPIÑEIRA NO DIA DA MULLER

COMA SABEDES, SOFÍA ESPIÑEIRA FOI TODO UN DESCUBRIMENTO ; UNHA ARTISTA LOCAL CHEIÑA DE TALENTO.
POR ISTO, FOI UNHA ENORME SATISFACCIÓN CONTAR COA SÚA VISITA NO COLE O DIA DA MULLER.
ESTABAMOS TAN ILUSIONADOS COA SUA PRESENZA QUE DECIDIMOS FACERLLE UN PEQUENO AGASALLO PARA QUE LEVASE UN RECORDO DOS SEUS "PEQUENOS FANS"...





                                         

                                         

E FINALMENTE, A TAN DESEXADA ACTUACIÓN....FIXEMOS PETICIÓNS E TODO!

                                                   

FOI UNHA ALEGRIA CONTAR CON ELA...E POR CERTO, O NOSOS "MURAL " GUSTOULLE BEN! BRAVOOO!!!

sábado, 18 de marzo de 2017



PROXECTO; CHOCOLATE!

Como ben sabedes, acabamos de iniciar proxecto. Entre varios temas suxeridos polos nenos e nenas (os cacahuetes, os soños, a maxia...) o gañador indiscutible logo das votacións foi...O CHOCOLATE.

Toca pois, poñerse a descubrir sobre este alimento que tanto nos gustaaa!

Xa comezamos a dar os primeiros pasos; determinamos cales son as ideas previas que temos sobre o chocolate e fixemos unha lista das preguntas que nos gustaría ir respostando.

Ó longo deste tempo iremos descubrindo si aquelo que pensabamos inicialmente sobre o chocolate era correcto e plasmaremos todo o que vaiamos aprendendo polo camiño.

Como xa e costume, enviamosvos unha notiña pedíndovos calquera material sobre o tema...e de contado comezamos a recibir todo tipo de cousas; libros de receitas, murais, apuntes con datos curiosos, envoltoiros,...

Comezamos!!

Entre outras cousas, temos murais e bastantes apuntes con información moi interesante...



Nestas fotografias, estamos a marcar no chan da clase o tamaño real que soe alcanzar a árbore do cacao. 







pois aí tendes, 6 metros de cacaotero nunha clase!!


jueves, 9 de marzo de 2017



VISITA DE SOFíA ESPIÑEIRA 


Como sabedes, Sofía Espiñeira foi todo un descubrimento para nós; unha artista local cheíña de talento.
Por isto, foi unha enorme satisfación contar coa súa visita no cole.
estabamos tan ilusionados coa súa presenza que decidimos facerlle un agasallo para que levase un recordo dos seus "pequenos fans"..



                                      



                                          

                                          

                                          
Sofia Espiñeira na súa actuación


Unha vez rematada a actuación fixémoslle entrega do mural feito...





Moitas gracias Sofía!!! Foi un verdadeiro pracer escoitarte e terte con nós.