viernes, 15 de abril de 2011

TEMOS VISITA!

Os maiores de primaria acompañáronnos onte...
Viñeron a interpretar unha función que eles mesmos crearon. Tratábase dunha mestura de contos tradicionais onde se atopaban tódalas persoaxes que nos gustan ; Carapuchiña vermella, Polgariño,... por isto, a obra foi todo un éxito.
                                                      GRACIAS RAPAZAS!




NOTA; Pasade unhas boas vacacións...Encontrámonos á volta!

martes, 12 de abril de 2011

EXPERIMENTOS E ALGUNHAS DÚBIDAS...

Imos comezar a mostrarvos algúns dos experimentos que realizamos de cando en cando...
Estamos cansos de xogar a construir edificios, estradas e pontes, con mais ou menos éxito. Imos aprender algunhas orientacións que uns bos "inxeñeiros" precisan ter moi clariñas..
1. Non tódolos vehículos que temos  na clase pesan o mesmo...




2. Canto mais pesado é o vehículo, mais resistente terá que ser a ponte...




3. Ás veces ó mesmo material pode resistir mais, dependendo como o usemos...



pero, por suposto, ata chegar a estas conclusións, fixemos comprobacións e recopilamos información dos resultado...

Levounos un tempiño, pero agora sabemos que é o que falla, ás veces nas nosas "creacións"...dende logo, todo un descubrimento esto da ciencia!