jueves, 29 de septiembre de 2011

DOURADIÑA VOLVE CO OUTONO!

Coma cada Outono, a persoaxe de Douradiña ven a anunciarnos a chegada da nova estación.
Todos xuntos, recibimos á nosa  amiguiña que veu cargada de sorpresas...



Deixounos un contiño para saber mais sobre esta época do ano, pero tamen unhas cestas con diferentes froitos de tempada (tan ricos como vistosos!).




Finalmente contounos unha historia ben bonita sobre uns amigos dela...



Pasamos un anaco moi agradable...Deica logo Douradiña, volve cando queiras!


miércoles, 21 de septiembre de 2011

COMEZAMOS CURSO!!

Hai que ver como pasa o tempo! estamos xa nun novo curso, con 4 aniños e moitas gañas de subir as "ansiadas escaleiras"...por fin cambiamos de piso!
Queremos mostrarvos algunhas das cousiñas que estamos a facer estos días coma primeira toma de contacto...


Como vedes temos novo recuncho; con dominós, miniarcos, crebacabezas e puzles de todo tipo...son complicados pero nos somos moi teimudos!



Como vedes contamos cun Recuncho de Plástica no que botar a voar a nosa creatividade...plastilina, témperas,ceras e rotus,gomets e pegatinas, papeis e materiais de todo tipo...este espacio nos encanta!
Velaquí a Biblioteca deste ano. Temos libros de todo tipo. Agora debemos consultalos e clasificalos axeitadamente; coleccións de contos, libros sobre temática concreta, xornais, comics, obras de consulta...Por certo, lembrade que o vindeiro mes poñemos en funcionamento o sistema de préstamo. Disfrutadeo!




Levamos pouco tempo do novo curso e, sen dúbida, este Recuncho de Bricolaxe se atopa entre os favoritos de todos e todas... argallamos cada cousa!



Como podedes ver, contamos tamen cunha Casiña á que non lle falta detalle...ten cociña,plancha...podemos traballar nela cada día que sempre hai que facer..
Queremos que vexades tamen como estivemos a traballar no novo cartel de normas da clase. Logo de consensuar cales serían as normas deste ano, puxémonos ó traballo; escribilas, decorar e ilustrar con debuxos e fotos...
Para rematar, aquí tendes algunha fotiña mais...SEGUIMOS EN CONTACTO!





NOTA; lembrade que podedes deixarnos algún comentario... nos gustaría moito saber que pensades do que vades vendo no blog, grazas!