jueves, 10 de noviembre de 2011

A FESTA DO MAGOSTO

Chegou o tempo do Magosto e do Samain... levamos dias falando desto na escola e, por fín, toca celebralo.
O venres 4 de Novembro visitamos os "veciños" de Catro Camiños e permanecimos alí durante toda a mañá.
Nese tempo, estivemos xogando en diferentes obradoiros preparados polas profes, comimos castañas, xogamos no patio...Botade un olliño ás fotos para facervos unha idea...
OBRADOIRO DE PLÁSTICA; nel, argallamos un montón de cousiñas que nos servisen como agasallo para os maiores... unha pisada dos pequenos de Apelón. Fixemos cogumelos con celofán, follas con mensaxe, castañas,... e ata a bruxa do outono (unha persoaxe dun conto que estivemos a traballar).



OBRADOIRO DE CONTACONTOS; esperábanos a profe Pili para contarnos un montón de aventuras de Samain...



OBRADOIRO DE PDI; encantanos a Pantalla Dixital...por iso non podiamos prescindir de xogar con
ela nun día de festa. En pequenos grupos poidemos disfrutar de algunhas actividades relacionadas co outono.


Antes de sair ó patio a xogar un pouquiño cantamos e bailamos unhas cancións...Logo, a xogar!!!

Estamos esgotados, necesitamos repoñer forzas...a merenda? CASTAÑAS: con zume, leite, auga...pero castañas por suposto!



Antes de ir para a casiña, xogamos un anaco todos xuntos...quen sabe como se dí en ingles...?


Para rematar, deixamos exposto o traballo feito no obradoiro de plástica...Deica outro ano!

jueves, 3 de noviembre de 2011

O CORPO HUMANO: UNHA MAQUINA PERFECTA

Ola familias!
como xa  sabedes, estamos traballando nun proxecto sobre o corpo humano...
Antes que ningunha outra cousa, queremos agradecervos a gran participación que estades tendo aportando material e interesandovos polo tema MOITAS GRAZAS DE PARTE DE TODOS!!!
Queremos mostrarvos algunhas das cousas que estamos a facer estos dias
O proxecto naceu grazas a un xogo que prpuxo a profe sobre os sentidos...¿quén é capaz de "ver" sin ollos?. De tal actividade, xurdiu unha conversa na que apareceron moitas preguntas, dúbidas e discrepancias...concluimos que iamos ter que indagar un pouco para dar resposta a todo o que estabamos a falar.

Logo de anotar o que sabemos do corpo e o que queremos saber sobre el...decidimos facer acopio de material e recursos que nos brinden a información que buscamos... A vosa colaboración neste punto é fundamental. A nota que vos enviamos e o apunte que deixamos no blog obtivo moi boa resposta...de marabilla!
Mirade como temos xa o recuncho do proxecto.. e seguen a chegar mais cousas!

Comeza o traballo!!
Nesta imaxe podemos ver como consultamos as fontes...




comezamos a empregar a nova información xogando no ordenador... empezamos co esquelete!



as peliculas de "Erase una vez la vida" que nos prestachedes, ademais de ser divertidas, nos ensinan un monton de cousas (os virus que atacan o sistema inmune teñennos "indignadisimos"... sempre andan amolando)
as "fotos" que nos quitan ós osos chamanse radiografias..diso algún de nos sabemos abondo...por iso trouxechedes  algunha de osos rotos...