martes, 17 de enero de 2012

O MACCHU PICCHU

O certo é que cando lle adicamos o mes de decembro ó Macchu Picchu, non contaba que fose a espertar tanto interese nos nenos e nenas. Tanto é así, que estamos no mes de Xaneiro e seguimos a falar del...
Os pequenos trouxeron moita información á clase que nestos días estamos a desgranar...
Localizamos Perú no mapa mundi e no globo terraqueo, e observamos a distancia que existe entre ese punto e o noso pais



 Tamen tivemos tempo para ver algúns videos sobre a inmensa montaña onde se asenta Macchu Picchu; vimos llamas, a abundante vexetación da zona, as construccións en pedra perfectamente traballada...
Deixamosvos aqui outro para que poidades disfrutar del na compañia dos fosos fillos/as...esperamos que vos guste!

martes, 10 de enero de 2012

VOLTA Ó COLE!

ACABÁRONSE AS VACACIÓNS DE NADAL...SEMPRE SEMELLAN  UN MONTÓN DE DÍAS  QUE Ó FINAL PASAN VOANDO...
CHEGAMOS NERVIOSOS, CANSOS....PERO CON MOITAS COUSAS QUE CONTAR.
DEBE SER POR ISO, QUE A ASEMBLEA DE HOXE FOI, CASE CON TODA A SEGURIDADE, A MAIS LONGA DO QUE LEVAMOS DE CURSO!
AGORA TOCA (CON MAIS PENA QUE OUTRA COUSA) RECOLLER A DECORACIÓN DESTAS DATAS...TIÑAMOLA CLASE PRECIOSA!

MENOS MAL QUE DOURADIÑA (UNHA FOLLA MOI SIMPÁTICA QUE SEMPRE NOS VISITA NA ESTACIÓN DO DO OUTONO) É MOI DETALLISTA E NOS DEIXOU UN AGASALLO NA  CLASE...

VAINOS VIR XENIAL.. UN XOGO PARA COMPOÑER PALABRAS!
AGORA QUE XA COÑECEMOS AS LETRAS, SEGURO QUE LLE QUITAMOS MOITO PROVEITO! GRACIAS DOURADIÑA!!
PARA FINALIZAR, DEIXAMOSVOS UNHA MOSTRA DA NOSA "ARTE" ... UNS DEBUXIÑOS SOBRE AS VACACIÓNS...

DEICA A PRÓXIMA!!!