domingo, 27 de noviembre de 2016

ANIVERSARIOS NOVEMBRO


MES NOVO, MAIS CUMPRES...DE QUÉN?; AINHOA, IRIA E LUCAS. FELICIDADESSSSS!!!!




ANIVERSARIOS OUTUBRO

POIS VELAQUÍ TENDES @S NEN@S QUE CUMPREN ANOS ESTE MES...NORABOA RAPACES, XA TENDES UN ANIÑO MAIS!!

DARÍO

NAIARA


LOREA
CÓNTAME UN CONTO

Unha das actividades mais bonitas que se fan na escola cada curso é aquela onde os maiores de primaria préstanse a ler contos ós nenos e nenas de infantil. 
Aproveitando o bó tempo que seguimos tendo en Outubro, saímos ó patio a disfrutar os contos xuntos. 
Mirando as fotografías , é facil adiviñar o ben que o pasaron todos; os maiores facendo de "contacontos" e os pequenos escoitandolles atentamente...precioso!




















O artífice desta actividade e Dominicus o dragón que vive na biblioteca e nos surte de tantos e tantos contos...
Ó rematar, todos fomos obsequiados cunha chapa coa súa imaxe.
DÍA DAS BIBLIOTECAS (24/10/2016)
Gracias Dominicus!! 
FESTA DO MAGOSTO

AÍ BEN O MAGOSTO!! E NOS, ESTAMOS PREPARADOS PARA A FESTA.
PARA IR QUENTANDO MOTORES, UN ANO MAIS, FIXEMOS OS TRADICIONAIS COLARES DE  ZONCHOS...RIQUISIMOSSS!










HOUBO TEMPO TAMEN, DIAS ANTES DA FESTA, PARA FACER OBRADOIROS COS MAIORES DE PRIMARIA, VER XUNTOS O CONTO DE "A BRUXA REGAÑADENTES"...


COS MAIORES, FACENDO FIGURAS CON PASTA DE PAPEL

COLOREANDO AS NOSAS FIGURIÑAS


PUXERONNOS UNS TATUS CON PURPURINA..CHULÍSIMOS!!



VISIONADO DO  CONTO DE OQO  "A BRUXA REGAÑADENTES"



 E , FINALMENTE, CHEGOU O DIA DA FESTA!! FOI UN DIA ESTUPENDO; CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS, DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS, XOGOS COS PEÓNS QUE FIXEMOS CON MATERIAL DE REFUGALLO  (POR MOR DO DIA DO PEÓN QUE SE CONMEMORABA O MESMO DIA DA FESTA)...

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS....FOI INCRIBLE O BEN QUE O PASAMOS!!
                                               






XOGANDO COS PEÓNS...



COMENDO CASTAÑAS...RICAS!






COMO VEDES...FORON XORNADAS MOI COMPLETIÑAS....QUE VIVA O OUTONO!!








martes, 1 de noviembre de 2016


SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME

Como xa sabedes, este outono decidímonos por visitar unha das xoias naturais que temos no noso contorno; as Fragas do Eume.
Estas son algunhas das imaxes que ilustran a visita...que vos gosten!!

Viaxe en autobús....











Chegada ás Fragas...amodiño e pola "beira"...atopamos fungos, cogomelos, follas de diferentes árbores...e como non! ourizos de castañas a moreas!!







Antes de marchar, quixemos visitar a exposición sobre as fragas; maqueta cos concellos que abarca, animais que viven nela, o río Eume....





Unhas imaxes do momento da merenda...



  E, finalmente, unha inesperada visita! a do trasno Derdrín (persoaxe extraído do libro " No corazón do bosque" de Agustín Fernandez Paz) que se colou na mochila da profe Pili. Coñecímolo, contounos a súa historia e para rematar puidemos ver un breve documental das fragas.


Sen dúbida , un bó día...as Fragas merecen moito a pena!