PROXECTO; CHOCOLATE!
Como ben sabedes, acabamos de iniciar proxecto. Entre varios temas suxeridos polos nenos e nenas (os cacahuetes, os soños, a maxia...) o gañador indiscutible logo das votacións foi...O CHOCOLATE.
Toca pois, poñerse a descubrir sobre este alimento que tanto nos gustaaa!
Xa comezamos a dar os primeiros pasos; determinamos cales son as ideas previas que temos sobre o chocolate e fixemos unha lista das preguntas que nos gustaría ir respostando.
Ó longo deste tempo iremos descubrindo si aquelo que pensabamos inicialmente sobre o chocolate era correcto e plasmaremos todo o que vaiamos aprendendo polo camiño.
Como xa e costume, enviamosvos unha notiña pedíndovos calquera material sobre o tema...e de contado comezamos a recibir todo tipo de cousas; libros de receitas, murais, apuntes con datos curiosos, envoltoiros,...
Comezamos!!
Entre outras cousas, temos murais e bastantes apuntes con información moi interesante...
Nestas fotografias, estamos a marcar no chan da clase o tamaño real que soe alcanzar a árbore do cacao.
|
pois aí tendes, 6 metros de cacaotero nunha clase!! |