domingo, 17 de junio de 2012

Visita a Aldea Nova

Está rematando o curso e agora, coa cabeciña posta no sol, na praia, na sesta, nos xelados, o parque , os amigos....e complicado seguir pechadiños en Apelón. Levamos unha semaniña moi nerviosos sabendo que se achega a hora, e, por fin... toca saída!.
O destino desta volta é Aldea Nova, en Narón. O obxectivo, pasalo en grande.
Velaquí nos tendes montadiños no autobus;




Logo de preguntar un lote de veces; "cando chegamos?" ... por fín, estamos AQUI

Non queremos perder tempo...comezamos as actividades.
Nos reciben os monitores de Aldea Nova. Nos, marchamos con Susi. Ela ensinanos unha chea de sitios e animais;dámoslles de comer e cóntanos cousas moi enteresantes.

Unha zona de Aldea Nova está adicada ó mel e ás abellas. Por iso, hoxe imos coñecer moitas cousas sobre o tema. Damian móstranos diferentes tipos de mel, instrumentos do apicultor, o traxe, os panales....
vestimonos cos traxes dos apicultores

coñecemos alguns instrumentos propios desta tarefa : este en concreto, afuma ás abellas para sacalas dos panais cando o apicultor así o precisa.


Logo tivemos a posibilidade de envasar o mel en tarriños que levaremos para compartir na casa...

enchemos o tarro...
e pechamos.

poñemolo nome na etiqueta

listo!



Tivemos tempo para argallar uns monicreques de dedo ...e imolo poder levar de recordo.

Disfrutamos dunha sesión de contos con Lola, sentados o redor da lareira....foi moi moi divertido!

E agora a repoñer forzas...imos xantar, temos moita fame!


E antes de marchar...xogamos un pouquiño mais, hai que aproveitalo tempo ó máximo!

Despedimonos con pena pero cansos, no camiño de volta damos boa conta delo....moitos quedamos durmidiños coma bebés!



                     ssshhhh!!!


/>

martes, 12 de junio de 2012

UNHA PONTE ENTRE MUGARDOS E SMARA

NO NOSO AFÁN DE ACHEGARNOS UN POUQUIÑO MAIS Ó SAHARA, SEGUIMOS MANTENDO CONTACTO COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE SMARA.
FAI POUCO RECIBIMOS UN MONTÓN DE COUSAS DELES, E, HOXE DECIDIMOS REUNIRNOS PARA OBSERVALAS E COMENTALAS XUNTOS E APROVEITALA OCASIÓN PARA ESTABLECER UNHA COMPARATIVA ENTRE ESTOS "DOUS MUNDOS".
REUNIMONOS NA SALA DE PSICOMOTRICIDADE...

ALGUNHAS DAS COUSAS QUE NOS ENVIARON SON ;
LISTA DE RUTINAS DO DÍA


POSTER CON DEREITOS DOS NENOS E NENAS


 UN DOSIER SOBRE A SÚA ESCOLA


OUTRO SOBRE AS SÚAS CASAS



E FINALMENTE PUIDEMOS ESTABLECER COMPARACIÓNS ENTRE AMBOS POBOS CUNHA PRESENTACIÓN NA PDI......








martes, 5 de junio de 2012

DEICA OUTRA PHILIP!

Philip, o auxiliar de conversa en inglés que estivo con nós todo este curso, ten que marchar.
Pero antes de iniciar outra nova andaina, queremos despedirnos del coma se merece. Estos meses deron para moito e queremos que nos leve na sua maleta de recordos.
Para esto, todos os nenos e profes da escola reunímonos na biblioteca de Catro Camiños....
 

Estamos listos...agora, que entre o "sorprendido"!


Para comezar, visionamos un video no que se resume o paso de Philip polo noso cole

Logo, pasamos á acción;

os mais pequenos de catro camiños, cantando unha canción en ingles...
e os maiores, recitando un poema de elaboración propia.
Finalmente, facemoslle entrega dalguns detalliños...unha tarxeta, unha sudadera de Mugardos...



unhas palabriñas do director....


outras do homenaxeado
 e volve sempre que queiras... ATA SEMPRE PHILIP !!


Aqui tendes a canción que lle cantamos a Philip... por si a queredes cantar cos vosos fillos ( e divertida!)