O destino desta volta é Aldea Nova, en Narón. O obxectivo, pasalo en grande.
Velaquí nos tendes montadiños no autobus;
Logo de preguntar un lote de veces; "cando chegamos?" ... por fín, estamos AQUI
Non queremos perder tempo...comezamos as actividades.
Nos reciben os monitores de Aldea Nova. Nos, marchamos con Susi. Ela ensinanos unha chea de sitios e animais;dámoslles de comer e cóntanos cousas moi enteresantes.
Unha zona de Aldea Nova está adicada ó mel e ás abellas. Por iso, hoxe imos coñecer moitas cousas sobre o tema. Damian móstranos diferentes tipos de mel, instrumentos do apicultor, o traxe, os panales....
vestimonos cos traxes dos apicultores |
coñecemos alguns instrumentos propios desta tarefa : este en concreto, afuma ás abellas para sacalas dos panais cando o apicultor así o precisa. |
Logo tivemos a posibilidade de envasar o mel en tarriños que levaremos para compartir na casa...
enchemos o tarro... |
e pechamos. |
poñemolo nome na etiqueta |
listo! |
Tivemos tempo para argallar uns monicreques de dedo ...e imolo poder levar de recordo.
Disfrutamos dunha sesión de contos con Lola, sentados o redor da lareira....foi moi moi divertido!
E agora a repoñer forzas...imos xantar, temos moita fame!
E antes de marchar...xogamos un pouquiño mais, hai que aproveitalo tempo ó máximo!
Despedimonos con pena pero cansos, no camiño de volta damos boa conta delo....moitos quedamos durmidiños coma bebés!
ssshhhh!!!
/>
No hay comentarios:
Publicar un comentario