martes, 15 de marzo de 2011

IMOS DE PASEO

TOCA EXCURSIÓN!!!
Saír da escola e facer cousas diferentes nos gusta na mesma medida en que nos pon nerviosísimos.
Desta volta toca visitar unha exposición de grabados de Pablo Ruiz Picasso que se expón na Fundación  Caixa Galicia de Ferrol.
Velaquí nos tedes sentadiños no bus...a piques de chegar ó museo...



Unha vez no museo poidemos disfrutar dun montón de actividades interesantes que nos achegaron ó cubismo, á temática das obras, e mesmo á técnica do grabado...
Cun conto precioso viaxamos polo mundo da mitoloxía grega
...e con pezas xeométricas achegamonos ó cubismo...
Con selos, tinta e algo de imaxinación creamos persoaxes estampados en cartolina (unha técnica plástica que pode achegarse, en certa maneira, ó grabado)
Unha paradiña para comer algo e repoñer forzas...aproveitando que o tempo acompaña, tomamos a merenda fora a charlamos un anaco tranquiliños.

Unha vez descansados, imos ó parque un pouco...queremos correr, saltar....xogar!
 O autobús espera, comezamos a viaxe  de volta...deica pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario