miércoles, 21 de septiembre de 2011

COMEZAMOS CURSO!!

Hai que ver como pasa o tempo! estamos xa nun novo curso, con 4 aniños e moitas gañas de subir as "ansiadas escaleiras"...por fin cambiamos de piso!
Queremos mostrarvos algunhas das cousiñas que estamos a facer estos días coma primeira toma de contacto...


Como vedes temos novo recuncho; con dominós, miniarcos, crebacabezas e puzles de todo tipo...son complicados pero nos somos moi teimudos!



Como vedes contamos cun Recuncho de Plástica no que botar a voar a nosa creatividade...plastilina, témperas,ceras e rotus,gomets e pegatinas, papeis e materiais de todo tipo...este espacio nos encanta!
Velaquí a Biblioteca deste ano. Temos libros de todo tipo. Agora debemos consultalos e clasificalos axeitadamente; coleccións de contos, libros sobre temática concreta, xornais, comics, obras de consulta...Por certo, lembrade que o vindeiro mes poñemos en funcionamento o sistema de préstamo. Disfrutadeo!




Levamos pouco tempo do novo curso e, sen dúbida, este Recuncho de Bricolaxe se atopa entre os favoritos de todos e todas... argallamos cada cousa!



Como podedes ver, contamos tamen cunha Casiña á que non lle falta detalle...ten cociña,plancha...podemos traballar nela cada día que sempre hai que facer..
Queremos que vexades tamen como estivemos a traballar no novo cartel de normas da clase. Logo de consensuar cales serían as normas deste ano, puxémonos ó traballo; escribilas, decorar e ilustrar con debuxos e fotos...
Para rematar, aquí tendes algunha fotiña mais...SEGUIMOS EN CONTACTO!





NOTA; lembrade que podedes deixarnos algún comentario... nos gustaría moito saber que pensades do que vades vendo no blog, grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario