Este ano estamos a tomar novas costumes. Iso de botarlle un ollo ó xornal á primeira hora cos compañeiros/as está moi ben...ás veces simplemente porque nos divirte algún anuncio ou atopamos letras que xa nos son moi familiares...outras porque a fotografía dalgunha noticia en concreto nos invita a que sexa lida e "investigada".
Moitas veces as noticias suceden en lugares que non sabemos ubicar. Non hai problema: o mapa mundi e o globo terraqueo soen sacarnos de dúbidas.
Algúns nenos e nenas estanvos a pedir na casa que nos traiades xornais ou recortes de noticia que, logo de mirar xuntos na casa, vos gustasen ou chamasen a atención por algo. Seguide con esa costume. Encantanos escoitar como o compañeiro/a explica esa noticia... facémoslle preguntas sobre ela, comentámola e resolvemos dúbidas buscando, por exemplo, en internet ou noutros xornais... ás veces, ata o comentamos no patio e mantemos conversas moi "curiosas".
POR CERTO...esta semana comezamos un proxecto: "O MEU CORPO: UNHA MÁQUINA PERFECTA"... si tendes na casa algun conto, peli, xogo de pc, desmontable...que poida aportarnos información para o noso traballo, prometemos, como sempre, tratalo con agarimo e, devolvelo en perfecto estado.
Grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario