COMO CADA ANO, O TEMPO DE ENTROIDO COMEZA COA CHEGADA DO MECO. UNHA VISITA CADA MAÑÁ CON MANDADOS DISPARATADOS, FAI QUE ESTEAMOS TAN IMPACIENTES COMA NERVIOSOS. OIDES O RUIDO? POR AI CHEGA...
LOGO DO MANDADO, OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE PRIMARIA MARCHAN DE NOVO, PERO O MECO, VAI QUE DAR CON NOS ESTOS DÍAS (E QUE AQUÍ SEMPRE O TRATAMOS DE MARABILLA!).
E POR ISO, APROVEITAMOS PARA QUITAR UNHA FOTIÑA CON EL... O PRINCIPIO COSTA ACHEGARSE (IMPÓN UN POUCO) , PERO A MEDIDA QUE COLLEMOS CONFIANZA, O DIFICIL E MARCHAR DO SEU LADO (TODOS QUEREMOS TOCARLLE!).
E CLARO, TANTOS MANDADOS FAN QUE CADA DÍA VEÑAMOS MAIS "ORIXINAIS" Á ESCOLA....
ISO MERECE UNHA BOA PASARELA, CON FOTOS, APLAUSOS, MÚSICA E POSE.
PERO, COMO XA DIXEMOS, ADEMAIS DE RISAS E CORES, HAI MÚSICA (ESO QUE NON FALTE).
APROVEITAMOS QUE A PROFE RAQUEL (QUE ESTÁ A BOTAR UNHA TEMPORADIÑA CON NÓS) TOCA A GAITA ESTUPENDAMENTE, PARA BOTAR UNHAS PECIÑAS E BAILAR XUNTOS...
QUE SORPRESA, UNHA GAITA E UNHA PANDEIRETA! |
XA ESTÁ BEN DE MIRAR, AGORA TOCA POÑERSE A BAILAR... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario