EN PRINCIPIO, SIMPLEMENTE APAIXONÁVANNOS...PERO CON MAIS SOMBRAS QUE LUCES SOBRE O QUE SABIAMOS DELAS.
HOXE, ESTAMOS A DARNOS CONTA DE QUE SON MOITAS AS IDEAS QUE DABAMOS POR FEITAS E QUE NON SON ASÍ, POR EXEMPLO; "AS QUENLLAS SON ANIMAIS EXTREMADAMENTE PERIGOSOS"... ALGÚNS DOS LIBROS QUE NOS ACHEGACHEDES DENDE AS VOSAS CASAS, FIXERONNOLO SABER.
GRACIAS A ELES, OS CD, INTERNET.... XA COÑECEMOS DIFERENTES TIPOS DE QUENLLAS QUE IDENTIFICAMOS CON CERTA FACILIDADE, COÑECEMOS CARACTERISTICAS COMUNS A TODOS ELES, DE QUE SE ALIMENTAN, ONDE VIVEN...
POR ISTO, CLASIFICAMOS E ORGANIZAMOS A INFORMACIÓN. EMPREGAMOS UN GRAN MURAL E UN PEQUENO LIBRO QUE ESTAMOS ELABORANDO.
ADEMAIS, GUSTANOS FACER COMPROBACIÓNS DE CERTAS COUSAS..ESTAS FOTOS QUE TENDES A CONTINUACIÓN MOSTRAN COMO COMPARAMOS NO PATIO DA ESCOLA O TAMAÑO DA QUENLLA MAIS GRANDE (QUENLLA BALEA) E DA MAIS PEQUENA QUE EXISTE (QUENLLA PIGMEO)... A DIFERENCIA É ENORME!
IREMOS CONTÁNDOVOS POUCO A POUCO MAIS COUSIÑAS SOBRE ESTE TEMA...DEICA LOGO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario