PARA SEGUIR A CELEBRAR ESTE DIA, O LONGO DA SEMANA FOMOS ELABORANDO UN CONTO ENTRE TODALAS CLASES DO COLE.
DECIDIMONOS POR UNHA LENDA LOCAL; A SEREA DAS ILLAS MIRANDAS.
CONTABAMOS CO TEXTO, PERO QUIXEMOS FACER AS ILUSTRACIÓNS PARA PERSONALIZALO.
NA NOSA CLASE ELABORAMOS A TERCEIRA PAXINA DO CONTO...AQUI A TENDES;
E AGORA...APETECEVOS COÑECER A HISTORIA? VER O RESULTADO FINAL?...AQUI O TENDES!
1. Conta a lenda que no mar de Ares, cabo das illas Mirandas...
2...vivía unha serea coa cor do Salmón, vestida con escamas de prata.
3. Pasaba o tempo xogando cos golfiños e cos peixes da ría...
4... falando coas gaivotas e cos corvos mariños...
5... e nadando moi leda por todas as praias, dende Pontedeume ata Mugardos.
6.A tardiña, entre lusco e fusco, voltaba a súa illa, colocaba a súa cola sobre unha rocha e peiteaba os seus fermosos cabelos.
7.Un día un nobre fidalgo galego sorprendeuna nunha daquelas praias, namorouse dela e levouna a vivir lonxe do mar.
8.Se cadra, xa non ten escamas de prata e ata puido mudar a cor salmón pola dunha muller normal.
9.E, ainda, hai quen supón que tivo fillos, e que lles puxo Mariño e Mariña, que son nomes da nostalxia que vén do mar...
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario