"EXPERIMENTO FLORAL"
A cuestión é que a cor das flores tennos moi ocupados...
certo é que pasamos tempo investigando ( como xa sabedes) asuntos como si existen flores de cor negro, por exemplo. Pois agora o feito de saber que hai flores que se tinguen daba lugar a mil hipoteses diferentes sobre cales serían os métodos para facelo.
Nos imos tentar tinguir os caraveis que nos regalaron na floristería.
Para elo empregamos;
- colorantes alimentarios (azul, vermello e amarelo)
- auga
- vasos transparentes
- caraveis brancos
- folla de rexistro
Comezamos facendo as cores diluíndo en auga os colorantes que queremos. Aproveitamos para lembrar as cores primarias que precisamos para obter outras.
azul e amarelo....verde!! |
Finalmente, houbo tempo tamén para probar técnicas suxeridas polos nen@s; Lucas pensou que se poden tinguir mollando a flor directamente na auga coloreada, e Candela propuxo pintar con témpera e pincel os pétalos.
Imos ver que vai pasando. Nos iremos plasmando hipóteses e resultados na folla de rexistro. Logo , contarémosvos como saíron os experimentos. Agora, toca esperar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario