SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME
Como xa sabedes, este outono decidímonos por visitar unha das xoias naturais que temos no noso contorno; as Fragas do Eume.
Estas son algunhas das imaxes que ilustran a visita...que vos gosten!!
Viaxe en autobús....
Chegada ás Fragas...amodiño e pola "beira"...atopamos fungos, cogomelos, follas de diferentes árbores...e como non! ourizos de castañas a moreas!!
Antes de marchar, quixemos visitar a exposición sobre as fragas; maqueta cos concellos que abarca, animais que viven nela, o río Eume....
Unhas imaxes do momento da merenda...
E, finalmente, unha inesperada visita! a do trasno Derdrín (persoaxe extraído do libro " No corazón do bosque" de Agustín Fernandez Paz) que se colou na mochila da profe Pili. Coñecímolo, contounos a súa historia e para rematar puidemos ver un breve documental das fragas.
Sen dúbida , un bó día...as Fragas merecen moito a pena!
No hay comentarios:
Publicar un comentario