martes, 5 de junio de 2012

DEICA OUTRA PHILIP!

Philip, o auxiliar de conversa en inglés que estivo con nós todo este curso, ten que marchar.
Pero antes de iniciar outra nova andaina, queremos despedirnos del coma se merece. Estos meses deron para moito e queremos que nos leve na sua maleta de recordos.
Para esto, todos os nenos e profes da escola reunímonos na biblioteca de Catro Camiños....
 

Estamos listos...agora, que entre o "sorprendido"!


Para comezar, visionamos un video no que se resume o paso de Philip polo noso cole

Logo, pasamos á acción;

os mais pequenos de catro camiños, cantando unha canción en ingles...
e os maiores, recitando un poema de elaboración propia.
Finalmente, facemoslle entrega dalguns detalliños...unha tarxeta, unha sudadera de Mugardos...



unhas palabriñas do director....


outras do homenaxeado
 e volve sempre que queiras... ATA SEMPRE PHILIP !!


Aqui tendes a canción que lle cantamos a Philip... por si a queredes cantar cos vosos fillos ( e divertida!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario