domingo, 17 de junio de 2012

Visita a Aldea Nova

Está rematando o curso e agora, coa cabeciña posta no sol, na praia, na sesta, nos xelados, o parque , os amigos....e complicado seguir pechadiños en Apelón. Levamos unha semaniña moi nerviosos sabendo que se achega a hora, e, por fin... toca saída!.
O destino desta volta é Aldea Nova, en Narón. O obxectivo, pasalo en grande.
Velaquí nos tendes montadiños no autobus;




Logo de preguntar un lote de veces; "cando chegamos?" ... por fín, estamos AQUI

Non queremos perder tempo...comezamos as actividades.
Nos reciben os monitores de Aldea Nova. Nos, marchamos con Susi. Ela ensinanos unha chea de sitios e animais;dámoslles de comer e cóntanos cousas moi enteresantes.

Unha zona de Aldea Nova está adicada ó mel e ás abellas. Por iso, hoxe imos coñecer moitas cousas sobre o tema. Damian móstranos diferentes tipos de mel, instrumentos do apicultor, o traxe, os panales....
vestimonos cos traxes dos apicultores

coñecemos alguns instrumentos propios desta tarefa : este en concreto, afuma ás abellas para sacalas dos panais cando o apicultor así o precisa.


Logo tivemos a posibilidade de envasar o mel en tarriños que levaremos para compartir na casa...

enchemos o tarro...
e pechamos.

poñemolo nome na etiqueta

listo!



Tivemos tempo para argallar uns monicreques de dedo ...e imolo poder levar de recordo.

Disfrutamos dunha sesión de contos con Lola, sentados o redor da lareira....foi moi moi divertido!

E agora a repoñer forzas...imos xantar, temos moita fame!


E antes de marchar...xogamos un pouquiño mais, hai que aproveitalo tempo ó máximo!

Despedimonos con pena pero cansos, no camiño de volta damos boa conta delo....moitos quedamos durmidiños coma bebés!



                     ssshhhh!!!


/>

No hay comentarios:

Publicar un comentario