IMOS A CORUÑA A VER OS PEIXES, ESTRELAS E CABALIÑOS DE MAR, FOCAS, ...E, POR RIBA DE TODO....A GASTÓN! (UNHA DAS QUENLLAS QUE VIVEN NO ACUARIO)
PERO PRIMEIRO DEBEMOS FACER "CONTAS". UN BO PRETEXTO PARA XOGAR UN ANACO COS NÚMEROS, A NOCIÓN DA SUMA E A DESCOMPOSICIÓN ... E TAMEN COÑECER AS DIFERENTES MOEDAS E O VALOR DAS MESMAS.
E XA COS DEBERES FEITOS...A DISFRUTAR!!
CRISTINA (A NOSA MONITORA) EXPLICOUNOS MOITAS CURIOSIDADES SOBRE AS DIFERENTES ESPECIES |
E CHEGAMOS A TEMPO PARA VER COMO OS COIDADORES DABAN DE COMER ÁS FOCAS...
E... AINDA QUE NON HAI FOTOS DO MOMENTO ( NON ESTAN PERMITIDAS), POIDEMOS VER COMO GASTÓN NON TIÑA MOITA FAME E NON QUIXO COMER NADA ( A PESARES DE QUE UNICAMENTE COME DÚAS VECES NA SEMANA).
FINALMENTE, LOGO DE MERENDAR, PUXEMOS RUMBO Á ESCOLA...¡NOS ESPERA UN CAMINIÑO LONGO DE VOLTA!(A ALGÚN DALLE TEMPO A BOTAR UNHA BOA SESTA...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario