ACABAMOS DE CELEBRAR O DIA DA PAZ E XA ESTAMOS DE CHEO MERGULLADOS EN CARAUTAS, CONFETI, FREIXÓS .....
NÓS, COMEZAMOS INCLUÍNDO UN RECUNCHO DE DISFRACES.
E COMO SEMPRE...PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN E...DE NOVO...¡¡COLABORACHEDES UN MONTÓN!!.
FOI ESCRIBIRVOS A NOTA PEDINDO DISFRACES, GAFAS, GORROS, PERRUCAS, ZAPATOS....E NUN PAR DE DÍAS ENCHIMOS UN BAUL GRANDE E TIVEMOS QUE INCLUIR DUAS CAIXAS MAIS.
VELAQUÍ NOS TENDES ESTREANDO O RECUNCHO |
NON SE PODE NEGAR QUE TEMOS ESTILO PROPIO...¡TODOS GUAPÍSIMOS! |
ADIVIÑADE QUEN SE ESCONDE TRAS ESA CARAUTA... |
PREPARAMOS AS NOSAS PROPIAS CARAUTAS...COMO NON, DE LEON DA SABANA AFRICANA;
E AQUI TENDES O RESULTADO....
E AGORA...¿SABEDES QUE SE ESCONDE DETRÁS DESTA OUTRA? |
E POR SUPOSTO, MENTRES TODO ISTO SUCEDÍA A VISITA DO MECO DO ENTROIDO MANTIÑANOS EN ALERTA...
COMO VEDES, A PESAR DO TREMENDO RUIDO CO QUE SE PRESENTA SEMPRE, DEIXAMOSLLE XOGAR CON NOS NO RECREO ...¡ATA BAIXOU POLO TOBOGAN!
E CADA DÍA UN MANDADO NOVO...E NOS, CUMPLINDO CON CADA UN DELES...CLARO!
ANTES DO DÍA DA FESTA, E COMO TOQUE FINAL O TRAXE QUE AS NAIS E OS PAIS FIXESTES....REMATAMOS O DISFRAZ
E FINALMENTE CHEGOU O DÍA...FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA!!
O DÍA PROMETÍA CON TEMPO ESTABLE, INCLUSO SOLEADO PERO....O CERTO FOI QUE DURANTE TODA A XORNADA ESTIVO A XOGAR CON NÓS...
PARA UN DÍA ESPECIAL, UNHA MAQUILLAXE ESPECIAL...TODOS DE INVERNO...
AQUI TENDES A ANDREA (A NOSA PROFE NOVA) POSANDO LOGO DE MAQUILLARSE |
E NÓS, ESPERANDO MOI FORMAIS (¡COMO SE NOTA QUE SOMOS OS VETERANOS!) |
¡DA GUSTO VELOS! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario