PARA EMPEZAR, PATRI SACOU UN ABRIGO PRECIOSO QUE LLE DEIXOU A SÚA AMIGA LORETO PARA VIR A VERNOS QUE NOS DEIXOU ABRAIADIÑOS PORQUE TIÑA UN LOTE DE PETOS ONDE GARDAR AS COUSAS MAIS DISPARATADAS... E DISTO PRECISAMENTE ÍA O PRIMEIRO DOS CONTOS.
E CLARO .... NOS ENCANTADOS ( NON TENDES MAIS QUE BOTAR UN OLLO AS CARIÑAS QUE TIÑAMOS)
OUTRA DAS HISTORIAS QUE CONTARON E CANTARON (PORQUE ALEX TOCA O ACORDEÓN DE MARABILLA E PATRI CANTA MOI BEN) FOI O DE "A GALIÑA ROXA" CO QUE NOS RIMOS UN MONTÓN...
UNHA SORPRESA QUE LEVAMOS, FOI COMPROBAR QUE PATRI E ALEX NON VIÑAN SÓS. NUN COFRE PEQUENO DESCANSABA "CRICTOR".. UNHA SERPE ENORME QUE VEN DE ÁFRICA E QUE NOS QUIXO COÑECER.
PARA REMATAR A SESIÓN, DISFRUTAMOS CO CONTO DE "GATIÑO E BALÓN", UN LIBRO DE TAMAÑO MAXI QUE NOS ENSINA A IMPORTANCIA DE COMPARTIR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario